19/7/09

Porrón

Acórdome de cando íamos cun porrón por auga á fonte para os maiores que andaban apañando nas patacas.

2 comentarios:

Xur dijo...

Pois eu lémbrome do bar Porrón, en Vigo, feliz lugar onde bebiamos viño con azucre precisamente nun pequeno porrón. E venme á memoria tamén, que na barra sempre tiñan unhas cestiñas cheas de ovos cocidos que collías ti directamente para lles botar sal e pemento picante antes de os engulir. Logo diciamos ós donos cantos se comeran para os pagar; media ducia deles e dous recipientes do sagrado líquido era o mínimo que baixabamos por cabeza. Tempos aqueles.

isaura dijo...

En Compostela tamén había un mítico bar Porrón ata hai pouco.