24/3/09

Nanas

Acórdome de que miña mai me cantaba para durmir "duerme duerme, negrito" e "eu tiña un canciño que veu da Marola". Con esta última eu choraba en secreto, imaxinando un can que bailaba o fandango cunha patiña nada máis.

La comunista

Acórdome dunha da miña clase que cando lle veu a regra a unha compañeira dixo: "le vino la prima comunista".

Copas

Acórdome de que cando empezamos a beber alcohol estaba de moda o "orgasmo de monja".

Que pena daba o lobiño

Acórdome de había una vez un lobito bueno al que maltrataban todos los corderos.

Bonecos

Acórdome de ter un burriño de peluxe.

Don Algodón II

Acórdome de que as pijas levaban na coleta os algodonosos lazos Don Algodón conxuntados coa roupa.

Don Algodón I

Acórdome do olor da colonia Don Algodón. Cómo mareaba.

Un inglés dijo yeyé

Acórdome de mi limón mi limonero, entero me gusta más.

18/3/09

A rosca

Acórdome de cando miña mai me facía "a rosca" para que o pelo me quedara liso mentres durmía.

Toi 80´s

Acórdome que un ano fomos disfrazadas de Tois. Abafábamos debaixo das telas verdes e estresábannos as antenas que levábamos pegadas a unha diadema.

Tebras

Acórdome de xogar á pita cega (sic. el hombre de las tinieblas) coas persianas baixadas de todo. Aínda así sempre entraba algo de luz por unha regandixa, entón reforzábamos a escuridade poñéndolle unha venda a quen lle tocaba apandar.

(para Xur)

2/3/09

El algodón...

Acórdome de "El algodón no engaña", que fixo espertar a miña limpiadora interior e dinlle con algodón enchoupado con alcohol a todo o que pillei por diante na casa, amosándolle os resultados á miña irmá. Estraguei unha foto que virou vermella ao contacto co alcohol.

Pipas Facundo

Acórdome de "Y el torito dijo al morir... Siento dejar este mundo sin probar pipas Facundo"