30/7/09

Eclipse de sol desde as nubes

Acórdome da segunda vez que collín un avión. Á ida comeume a dor causada pola presión nunha moa recén empastada, á volta houbo un eclipse de sol e foi fermoso. Un pasaxeiro sacou negativos da súas bolsa de mao e compartiunos para que puidésemos mirar sen medo desde as nubes. Outros tan só poñían as gafas de sol.

3 comentarios:

Xur dijo...

Si, tivo que ser fermoso. Eu nunca fun en avión, pero unha das cousas máis preciosas e curiosas que vin por riba das nubes foi a gloria ou anthelion.

isaura dijo...

E que vén sendo a gloria?

Xur dijo...

Unha gloria é un fenómeno óptico que produce a dispersión da luz no punto antisolar, é dicir, no lugar onde se proxecta a túa sombra sobre as nubes. Pódese observar desde un avión, desde as montañas e incluso desde o espazo.
Semella un arco da vella circular, e cando eu a vin, a miña sombra, e as dos meus compañeiros, aparecían enormes no seu centro moi por debaixo de onde estabamos. Foi unha visión fermosísima e conmovedora que nunca voltei ter diante dos ollos.
De seguro que che gustaría contemplar unha. Dá gloria vela.