30/7/09
Carteiro Pat
Acórdome de cando me abrín a cabeza porque escoitei a música do carteiro Pat, fun correndo a sentarme no sofá para velo e dinme un golpe contra a esquina da ventá aberta. Meu pai levoume á bañeira e botoume auga coa billa da ducha. Nese momento timbrou a veciña, que viña a pedirnos sal, e atopouse con ese cadro. Acórdome que non foi preciso darme puntos, pero esa noite durmín cunha pañoleta na cabeza.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
7 comentarios:
Eu acórdome da auga da bañera tinguida de sangue!!
A serie do carteiro Pat colleume algo maior, pero lembro que sempre me sentaba a vela se podía. Era unha preciosidade. E agora, por veces, cando paso no coche por certos lugares do noso país, vénme á cabeza a súa furgoneta vermella, e dáme a impresión de que vai aparecer nalgunha curva.
E eu tamén levo unha boa cicatriz na cabeza dende os catro anos.
Moito me gustaba. Vina dobrada na TVG e logo fun un vrao a Inglaterra e descubrina en inglés. Pero xa non era o mesmo... Carteiro Pat, carteiro Pat, e o seu gato Yes...
O carteiro Pat é unha das imaxes máis entrañables da miña infancia. Eu querería que ese pobo fose real, de cores planas como o da tele, pequeniño.
Eu chamei hai uns poucos anos á TVG para lles pedir que voltasen emitir a serie; quería que a vise a miña filla. Non me fixeron caso.
Señores da TVG, qué pouco tacto!
Ningún!
Publicar un comentario