23/7/09

San Xoán

Acórdome da apaixoada recollida de madeira que realizaba a pandilla para queimar na fogueira de San Xoán. Esa noite o noso lume desafiaba sempre o cableado telefónico.

3 comentarios:

Xur dijo...

Vexo aínda os corpos tensos e case espidos dos nenos baixo a luz resplandecente de xuño, no tempo dos días longos, lentos e inmensos como unha vida enteira, a arrastrar polo camiño de terra, tirando dunha corda, o corpo da vella figueira talada uns meses antes no campo dos parrulos da señora Elvira. Aquel calvario levoulles grande parte da xornada. E lembro que descansaron na sombra reconfortante da pereira de San Xoán máis grande e fastuosa que viron os meus ollos, e que o bo de Antonio, o seu dono, fixo un caldeiro de auga de limón para os refrescar.
E logo viñeron as pólas.
Aínda vexo a aqueles nenos, e eu estou entre eles, cuberto de suor, canso, suxo e coas mans desfeitas, mais feliz nunha vida xa moi lonxana.

aqueloutra dijo...

O mellor era a merendola de patacas fritidas, sándwiches de nocilla e coca-cola... e xogar ás agachadas arredor da brasa. Calor de incandescencia que viu medrar os nosos corpos aínda netos.

isaura dijo...

Acórdome dos contos de medo cos que nos aterrorizabamos uns a outros a última hora, xa co lume case esmorecido.