A min non me atacaron nunca os piollos, mais si varias veces a un meu irmán. E a miña nai poñíao no baño sentado nunha cadeira para llos tirar do pelo. E como el perdía a paciencia e choraba por ir xogar, e ela estaba nervosísima polo noxo que lle daban os bechocos, o pobre do rapaz ía levando zoscadas no alto da cabeza durante o moito tempo que duraba o proceso de desinsectación. Que escándalos se montaban entón!
1.- Acórdome que Juan Bonilla coleccionaba exemplares do Je me souviens de Perec, e un día escribiu os seus propios "acórdome(s)". Foi así como descubrín este marabilloso libro, feito de cachiños do cotián, entrañables souvenirs cos que se identificaron emocionados xeracións de franceses que, coma el, viviran a súa infancia e adolescencia entre os anos 50 e 60.
2.- Lendo O único que queda é o amor, atopei un dos recordos de Perec en forma de caixiñas de mistos. Logo saudoume Vila-Matas cos seus Recordos inventados, onde tamén se acordaba de Georges Perec, "que escribió un libro que se titulaba Je me souviens y en el que ninguno de los recuerdos era inventado”. Non sei se é preciso dicir que lembro, como non, os cronopios de Julio Cortázar, que tropezaban seguido cos seus recordos soltos pola casa, e sempre tiñan unha caricia para eles cando pasaban boureando polos pasillos.
3.- Creo este blog e pregúntome: padecerei a melancolía da magdalena?
4 comentarios:
E coa mata de pelo que temos algunhas era una sacrificio insoportable. Eu perdía a paciencia
A min non me atacaron nunca os piollos, mais si varias veces a un meu irmán. E a miña nai poñíao no baño sentado nunha cadeira para llos tirar do pelo. E como el perdía a paciencia e choraba por ir xogar, e ela estaba nervosísima polo noxo que lle daban os bechocos, o pobre do rapaz ía levando zoscadas no alto da cabeza durante o moito tempo que duraba o proceso de desinsectación.
Que escándalos se montaban entón!
Eu recordo unha vez na que miña mai colleu o insecticida e pulverizoume a cabeza riba do lavabo. Aquilo foi atallar o problema de raíz!
Hahahaha
Publicar un comentario