"Je me souviens de l'odeur enivrante des livres, à la rentrée scolaire".
"Je me souviens", Georges Perec
29/9/10
Pelo curto
Acórdome de cando me cortaron o pelo curtiño de todo, como un neno. Cheguei a casa e metinme na bañeira. Nunca esquecerei a temperatura da auga, que me fervía na pel, e o peso exacto da melancolía.
3 comentarios:
sombra do aire na herba
dijo...
Ese día tivo que desaparecer o mundo, pero non nos enteramos.
E eu. A miña longa melena trasquilada ós 11, só porque no hospital non me habian querer peinar... A almofada daquela cama de metal, en vez de ter pelo espallado, como lle corresponde a calquera almofada de nena, enchoupouse de bágoas e soidade naquela primeira noite.
1.- Acórdome que Juan Bonilla coleccionaba exemplares do Je me souviens de Perec, e un día escribiu os seus propios "acórdome(s)". Foi así como descubrín este marabilloso libro, feito de cachiños do cotián, entrañables souvenirs cos que se identificaron emocionados xeracións de franceses que, coma el, viviran a súa infancia e adolescencia entre os anos 50 e 60.
2.- Lendo O único que queda é o amor, atopei un dos recordos de Perec en forma de caixiñas de mistos. Logo saudoume Vila-Matas cos seus Recordos inventados, onde tamén se acordaba de Georges Perec, "que escribió un libro que se titulaba Je me souviens y en el que ninguno de los recuerdos era inventado”. Non sei se é preciso dicir que lembro, como non, os cronopios de Julio Cortázar, que tropezaban seguido cos seus recordos soltos pola casa, e sempre tiñan unha caricia para eles cando pasaban boureando polos pasillos.
3.- Creo este blog e pregúntome: padecerei a melancolía da magdalena?
3 comentarios:
Ese día tivo que desaparecer o mundo, pero non nos enteramos.
Como pode pesar tanto o pelo?
E eu. A miña longa melena trasquilada ós 11, só porque no hospital non me habian querer peinar...
A almofada daquela cama de metal, en vez de ter pelo espallado, como lle corresponde a calquera almofada de nena, enchoupouse de bágoas e soidade naquela primeira noite.
Publicar un comentario