"Je me souviens de l'odeur enivrante des livres, à la rentrée scolaire".
"Je me souviens", Georges Perec
17/11/10
Discoplay
Acórdome de recibir a Discoplay e das nosas compras de cintas e cd´s. Tamén de recortar as portadiñas que traia a revista para pegar nas carátulas das cintas gravadas.
2 comentarios:
Xur
dijo...
Meu irmán recibía Discoplay. Coido que unha vez ó mes ou así.
Cintas virxes de 60 e 90 en Discos Breogán. Escribir con coidado os nomes das cancións (vermello e negro para cadansúa cara). Cintas de varios adicadas e personalizadas(protagonista de Alta fidelidad facendo un CD de varios para a súa moza). O ruido da cinta, clic-clic, ao axitala (Me acuerdo, Zeina Abirached).
1.- Acórdome que Juan Bonilla coleccionaba exemplares do Je me souviens de Perec, e un día escribiu os seus propios "acórdome(s)". Foi así como descubrín este marabilloso libro, feito de cachiños do cotián, entrañables souvenirs cos que se identificaron emocionados xeracións de franceses que, coma el, viviran a súa infancia e adolescencia entre os anos 50 e 60.
2.- Lendo O único que queda é o amor, atopei un dos recordos de Perec en forma de caixiñas de mistos. Logo saudoume Vila-Matas cos seus Recordos inventados, onde tamén se acordaba de Georges Perec, "que escribió un libro que se titulaba Je me souviens y en el que ninguno de los recuerdos era inventado”. Non sei se é preciso dicir que lembro, como non, os cronopios de Julio Cortázar, que tropezaban seguido cos seus recordos soltos pola casa, e sempre tiñan unha caricia para eles cando pasaban boureando polos pasillos.
3.- Creo este blog e pregúntome: padecerei a melancolía da magdalena?
2 comentarios:
Meu irmán recibía Discoplay. Coido que unha vez ó mes ou así.
Cintas virxes de 60 e 90 en Discos Breogán. Escribir con coidado os nomes das cancións (vermello e negro para cadansúa cara). Cintas de varios adicadas e personalizadas(protagonista de Alta fidelidad facendo un CD de varios para a súa moza). O ruido da cinta, clic-clic, ao axitala (Me acuerdo, Zeina Abirached).
Publicar un comentario