"Je me souviens de l'odeur enivrante des livres, à la rentrée scolaire".
"Je me souviens", Georges Perec
2/8/10
Vestiario ambulante
Acórdome dunha especie de túnica azul escura con abertura só no pescozo que tiñan algunhas mulleres para cambiarse na praia.
4 comentarios:
Xur
dijo...
Na miña familia tiñan deses sacos. E tamén unhas teas que convertían as sombriñas, ao penduralas das variñas por todo o seu perímetro, nunha especie de casetas que servían para o mesmo. Hai uns poucos anos, un curmán meu atopou unha túnica desas de estética setenteira, fíxolle dous buratos para sacar os brazos, puxo unha carapucha na cabeza feita cunha vella alfombra de dacha azul, e causou furor no antroido de Vigo. Tremendísimo foi.
En realidade non ía de nada concreto. Cando alguén se disfraza de calquera cousa indefinida co primeiro que atopa tirado pola casa dicimos moito por aquí que vai de "marulo" ou "maruxo"; como de pailán, parvo ou algo así. E soen ser os máis simpáticos. O detalle da alfombra de dacha na cabeza foi moito. Había que velo.
1.- Acórdome que Juan Bonilla coleccionaba exemplares do Je me souviens de Perec, e un día escribiu os seus propios "acórdome(s)". Foi así como descubrín este marabilloso libro, feito de cachiños do cotián, entrañables souvenirs cos que se identificaron emocionados xeracións de franceses que, coma el, viviran a súa infancia e adolescencia entre os anos 50 e 60.
2.- Lendo O único que queda é o amor, atopei un dos recordos de Perec en forma de caixiñas de mistos. Logo saudoume Vila-Matas cos seus Recordos inventados, onde tamén se acordaba de Georges Perec, "que escribió un libro que se titulaba Je me souviens y en el que ninguno de los recuerdos era inventado”. Non sei se é preciso dicir que lembro, como non, os cronopios de Julio Cortázar, que tropezaban seguido cos seus recordos soltos pola casa, e sempre tiñan unha caricia para eles cando pasaban boureando polos pasillos.
3.- Creo este blog e pregúntome: padecerei a melancolía da magdalena?
4 comentarios:
Na miña familia tiñan deses sacos. E tamén unhas teas que convertían as sombriñas, ao penduralas das variñas por todo o seu perímetro, nunha especie de casetas que servían para o mesmo.
Hai uns poucos anos, un curmán meu atopou unha túnica desas de estética setenteira, fíxolle dous buratos para sacar os brazos, puxo unha carapucha na cabeza feita cunha vella alfombra de dacha azul, e causou furor no antroido de Vigo. Tremendísimo foi.
Qué sorte, eu sempre desexei ter un. As teas xa non as acordo.
E de que ía disfrazado teu irmao, se se pode saber?
En realidade non ía de nada concreto. Cando alguén se disfraza de calquera cousa indefinida co primeiro que atopa tirado pola casa dicimos moito por aquí que vai de "marulo" ou "maruxo"; como de pailán, parvo ou algo así. E soen ser os máis simpáticos. O detalle da alfombra de dacha na cabeza foi moito. Había que velo.
Eu sempre me lembro desas túnicas cando me cambio na praia, "oxalá tivera unha túnica daquelas" penso.
Publicar un comentario