"Je me souviens de l'odeur enivrante des livres, à la rentrée scolaire".
"Je me souviens", Georges Perec
15/9/09
Alaska
Acórdome de que Alaska nos daba algo de medo presentando La bola de cristal. Chamábanos moito a atención o seu pelo, estabamos seguras de que non o peinaba nunca e iso convertíaa case case nunha bruxa auténtica.
3 comentarios:
Xur
dijo...
Eu vivín aqueles anos de coiro, cadeas, pelos de cores. Lembro os locais, e os grupos: Aviador Dro, Parálisis Permanente, Golpes Bajos, Siniestro, Aerolíneas Federales, Glutamato Yeyé... Vigo fervía, e Malasaña, en Madrid, tamén. Eu gostaba máis doutras bandas, pero todas, todas, eran un berro de liberdade, e pintaron fermosamente unha sociedade naquel entón ancorada no gris. De Alaska continuarei namorado o resto da miña vida. Foi e é unha diva, un icono dun tempo extraordinario; e cando presentaba La Bola de Cristal acompañouse de grandes talentos. ¿Lembras a Faemino e Cansado? Eran uns zumbados inesquecibles.
1.- Acórdome que Juan Bonilla coleccionaba exemplares do Je me souviens de Perec, e un día escribiu os seus propios "acórdome(s)". Foi así como descubrín este marabilloso libro, feito de cachiños do cotián, entrañables souvenirs cos que se identificaron emocionados xeracións de franceses que, coma el, viviran a súa infancia e adolescencia entre os anos 50 e 60.
2.- Lendo O único que queda é o amor, atopei un dos recordos de Perec en forma de caixiñas de mistos. Logo saudoume Vila-Matas cos seus Recordos inventados, onde tamén se acordaba de Georges Perec, "que escribió un libro que se titulaba Je me souviens y en el que ninguno de los recuerdos era inventado”. Non sei se é preciso dicir que lembro, como non, os cronopios de Julio Cortázar, que tropezaban seguido cos seus recordos soltos pola casa, e sempre tiñan unha caricia para eles cando pasaban boureando polos pasillos.
3.- Creo este blog e pregúntome: padecerei a melancolía da magdalena?
3 comentarios:
Eu vivín aqueles anos de coiro, cadeas, pelos de cores. Lembro os locais, e os grupos: Aviador Dro, Parálisis Permanente, Golpes Bajos, Siniestro, Aerolíneas Federales, Glutamato Yeyé... Vigo fervía, e Malasaña, en Madrid, tamén. Eu gostaba máis doutras bandas, pero todas, todas, eran un berro de liberdade, e pintaron fermosamente unha sociedade naquel entón ancorada no gris.
De Alaska continuarei namorado o resto da miña vida. Foi e é unha diva, un icono dun tempo extraordinario; e cando presentaba La Bola de Cristal acompañouse de grandes talentos. ¿Lembras a Faemino e Cansado? Eran uns zumbados inesquecibles.
:)
:) ?????
Publicar un comentario