15/9/09

Colo da avoa

Acórdome de cando me facía a durmida para que a miña avoa me levase no colo á cama e máis tarde, cando eu xa era grandiña, seguía levando a miña irmá e neses momentos, véndoa subir a escaleira que conducía aos nosos cuartos, queríaa máis ca nunca.

2 comentarios:

abm dijo...

Eu acórdome de cando xa non me levaban no colo á cama porque xa era grande e pesaba moito; unha etapa rematada :)

Anónimo dijo...

Iso si q eran momentos de felicidade!!