2/3/09

Pipas Facundo

Acórdome de "Y el torito dijo al morir... Siento dejar este mundo sin probar pipas Facundo"

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Lémbrome ben: non era "el torito", senón "el toro dijo al morir..."

mica dijo...

hahaha, tes toda a razón. debía ser que vía o toro tan pequeniño ao lado do toureiro cabezón que para min quedou como "el torito". é curioso como transformamos os recordos... ás veces cando escribo neste blog teño a tentación de mirar no google se estou no certo, se o recordo é así tal como o evoco. pero ao final non o faigo. prefiro os recordos impuros, escollo que a nostalxia non sexa equidistante.

Anónimo dijo...

Eu aínda lembro unhas boliñas doces que viñan dentro dos saquiños das pipas; amarelas por fóra, tiñan outra minúscula esfera interior que era coma o seu corazón. Se cando as ías comendo, descobrías que a oculta era de color vermella, presentábaslla á tendeira, e recibías o premio: outro saquiño das deliciosas sementes.
Lembro as alegrías que tiñamos os nenos cando tocaba unha, mais a memoria non me asiste para saber agora se a marca que se promocionaba así era Facundo ou Pipas la Pilarica.

Anónimo dijo...

A primeira vez que pasei por diante da fábrica de Facundo, en Villada, provincia de Palencia, sentinme enfadado e traicionado.
Na fachada principal había un rótulo pendurado que dicía: "No se admiten visitas".
Aínda non quero entender a razón de vedarnos a entrada a un recinto do que saíron e saen uns pequenos gozos que xa forman parte das historias persoais nosas.
Eu pensei que me negaban o acceso a un lugar familiar, meu en certa forma.