hahaha, tes toda a razón. debía ser que vía o toro tan pequeniño ao lado do toureiro cabezón que para min quedou como "el torito". é curioso como transformamos os recordos... ás veces cando escribo neste blog teño a tentación de mirar no google se estou no certo, se o recordo é así tal como o evoco. pero ao final non o faigo. prefiro os recordos impuros, escollo que a nostalxia non sexa equidistante.
Eu aínda lembro unhas boliñas doces que viñan dentro dos saquiños das pipas; amarelas por fóra, tiñan outra minúscula esfera interior que era coma o seu corazón. Se cando as ías comendo, descobrías que a oculta era de color vermella, presentábaslla á tendeira, e recibías o premio: outro saquiño das deliciosas sementes. Lembro as alegrías que tiñamos os nenos cando tocaba unha, mais a memoria non me asiste para saber agora se a marca que se promocionaba así era Facundo ou Pipas la Pilarica.
A primeira vez que pasei por diante da fábrica de Facundo, en Villada, provincia de Palencia, sentinme enfadado e traicionado. Na fachada principal había un rótulo pendurado que dicía: "No se admiten visitas". Aínda non quero entender a razón de vedarnos a entrada a un recinto do que saíron e saen uns pequenos gozos que xa forman parte das historias persoais nosas. Eu pensei que me negaban o acceso a un lugar familiar, meu en certa forma.
1.- Acórdome que Juan Bonilla coleccionaba exemplares do Je me souviens de Perec, e un día escribiu os seus propios "acórdome(s)". Foi así como descubrín este marabilloso libro, feito de cachiños do cotián, entrañables souvenirs cos que se identificaron emocionados xeracións de franceses que, coma el, viviran a súa infancia e adolescencia entre os anos 50 e 60.
2.- Lendo O único que queda é o amor, atopei un dos recordos de Perec en forma de caixiñas de mistos. Logo saudoume Vila-Matas cos seus Recordos inventados, onde tamén se acordaba de Georges Perec, "que escribió un libro que se titulaba Je me souviens y en el que ninguno de los recuerdos era inventado”. Non sei se é preciso dicir que lembro, como non, os cronopios de Julio Cortázar, que tropezaban seguido cos seus recordos soltos pola casa, e sempre tiñan unha caricia para eles cando pasaban boureando polos pasillos.
3.- Creo este blog e pregúntome: padecerei a melancolía da magdalena?
4 comentarios:
Lémbrome ben: non era "el torito", senón "el toro dijo al morir..."
hahaha, tes toda a razón. debía ser que vía o toro tan pequeniño ao lado do toureiro cabezón que para min quedou como "el torito". é curioso como transformamos os recordos... ás veces cando escribo neste blog teño a tentación de mirar no google se estou no certo, se o recordo é así tal como o evoco. pero ao final non o faigo. prefiro os recordos impuros, escollo que a nostalxia non sexa equidistante.
Eu aínda lembro unhas boliñas doces que viñan dentro dos saquiños das pipas; amarelas por fóra, tiñan outra minúscula esfera interior que era coma o seu corazón. Se cando as ías comendo, descobrías que a oculta era de color vermella, presentábaslla á tendeira, e recibías o premio: outro saquiño das deliciosas sementes.
Lembro as alegrías que tiñamos os nenos cando tocaba unha, mais a memoria non me asiste para saber agora se a marca que se promocionaba así era Facundo ou Pipas la Pilarica.
A primeira vez que pasei por diante da fábrica de Facundo, en Villada, provincia de Palencia, sentinme enfadado e traicionado.
Na fachada principal había un rótulo pendurado que dicía: "No se admiten visitas".
Aínda non quero entender a razón de vedarnos a entrada a un recinto do que saíron e saen uns pequenos gozos que xa forman parte das historias persoais nosas.
Eu pensei que me negaban o acceso a un lugar familiar, meu en certa forma.
Publicar un comentario