29/5/08

Cucharitas

Acórdome do pozo onde bebía a vaca antes de que a meteran na corte. Alí vivían as cucharitas, que escorregaban medosas por entre as nosas maos sumerxidas na auga. Os bebés das ras eran bonitos ata que lles nacían as patas, daquela había que esperar ata que sucedía a metamorfose total para que recuperasen a súa beleza.
Cando a vaca metía a lingua no pozo, sucedía un maremoto.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Que asco dan cando lles saen as patas!!

frenchchou dijo...

Ao lado do cole (ademais de xiringas) había tres ou catro pociñas repletas de cucharillas. E son bonitas, incluso con patiñas!

Anónimo dijo...

Escorregogaban medosas por entre as nosas maos.. que rico