27/8/10
Soño que son un tigre
Acórdome dun pesadelo antigo. Eu era un tigre e corría pola selva porque uns homes intentaban cazarme cunha rede. E chegaba o momento de atraparme, e pelexaba por zafarme da rede esa ata que me dicía a min mesma: "tu non es un tigre, es unha nena que está soñando". Daquela loitei por erguer as pálpebras, cómo me custou abrir os ollos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Eu lembro a anguria que me producía o soño, cen veces repetido cando neno, de estar sentado na area mollada dunha praia e observar como unha onda xigantesca, moi semellante á do famoso cadro do pintor xaponés Katsushika Hokusai, avanzaba cara a min dende lonxe. Quería entón erguerme e fuxir terra adentro, mais non tiña forzas suficientes para o facer e eso era desesperante. Cando chegaba xusto á miña vertical, a masa de auga paraba, e alí arriba se mantiña, ameazante e horrorosa, mais sen chegar a cair nunca sobre min .
Acordaba logo com moito desacougo, entre suor, cun enorme cansanzo nas pernas.
Tiñas o síndrome de pernas cansas ou sería que tiñas medo a mexar na cama?
Adoro ese cadro, por certo :)
A mexar na cama non lle tiña medo; afortunadamente nunca tiven ese problema cando neno. O das pernas cansas non cho sei.
Publicar un comentario