"Je me souviens de l'odeur enivrante des livres, à la rentrée scolaire".
"Je me souviens", Georges Perec
27/8/10
Qué vergonza
Acórdome do día que máis vergonza pasei. Estábamos no parque de atraccións de Madrid e levaba unha saia curta, azul e branca, de pregos. E fun ao baño, e ao saír, a saia enganchou na braga e así estiven... non sei canto tempo, ata que unha muller me avisou. Quixen morrer.
1.- Acórdome que Juan Bonilla coleccionaba exemplares do Je me souviens de Perec, e un día escribiu os seus propios "acórdome(s)". Foi así como descubrín este marabilloso libro, feito de cachiños do cotián, entrañables souvenirs cos que se identificaron emocionados xeracións de franceses que, coma el, viviran a súa infancia e adolescencia entre os anos 50 e 60.
2.- Lendo O único que queda é o amor, atopei un dos recordos de Perec en forma de caixiñas de mistos. Logo saudoume Vila-Matas cos seus Recordos inventados, onde tamén se acordaba de Georges Perec, "que escribió un libro que se titulaba Je me souviens y en el que ninguno de los recuerdos era inventado”. Non sei se é preciso dicir que lembro, como non, os cronopios de Julio Cortázar, que tropezaban seguido cos seus recordos soltos pola casa, e sempre tiñan unha caricia para eles cando pasaban boureando polos pasillos.
3.- Creo este blog e pregúntome: padecerei a melancolía da magdalena?
2 comentarios:
A saia enganchada na braga é un dos sete males:)
Eu avisei hai pouco a unha señora cincuentona e gordecha que ía así pola rúa... e ninguén lle dicía nada.
[no seu descargo, tamén era verán]
Publicar un comentario