22/6/10

50 ptas

Acórdome da primeira vez que tiven unha moeda de 50 pesetas toda para min. Cheguei ao quiosco onde mercábamos as lamberetadas e dixen: "Ponme todo o que poidas con esto". E aínda me acordo de que no saqueto que me puxo a tendeira había unhas cereixas e unha bolsa de patacas fritas. Gardeino na mesiña de noite e funo administrando pouco a pouco, polas noites, despois de cear, en secretísimo.

1 comentario:

abm dijo...

Lembro que con 100 pesetas (xa estamos a falar dunha fortuna) podiamos mercar catro polos de 25 pesetas. Logo subiron a 30 e as contas non cadraban.