"Je me souviens de l'odeur enivrante des livres, à la rentrée scolaire".
"Je me souviens", Georges Perec
4/2/10
Noxo
Acórdome daquela mestra que lambía os dedos despois de escribir con tiza na pizarra. E da nena que comía as virutas das ceras en canto saían do afía-lápices.
pois eu acórdome de lamber a cola branca e pastosa que nos poñían nunha cunchiña de vieira en preescolar. comiámola coa paletiña vermella que traían pra cada un, ás culleradas. debía estar boa. ;)
O meu compañeiro Javier bebía a auga das acuarelas e das témperas; seica estaba moi rica. E todos mascabamos pequenos pegotes de pegamento Imedio; outra delicia.
1.- Acórdome que Juan Bonilla coleccionaba exemplares do Je me souviens de Perec, e un día escribiu os seus propios "acórdome(s)". Foi así como descubrín este marabilloso libro, feito de cachiños do cotián, entrañables souvenirs cos que se identificaron emocionados xeracións de franceses que, coma el, viviran a súa infancia e adolescencia entre os anos 50 e 60.
2.- Lendo O único que queda é o amor, atopei un dos recordos de Perec en forma de caixiñas de mistos. Logo saudoume Vila-Matas cos seus Recordos inventados, onde tamén se acordaba de Georges Perec, "que escribió un libro que se titulaba Je me souviens y en el que ninguno de los recuerdos era inventado”. Non sei se é preciso dicir que lembro, como non, os cronopios de Julio Cortázar, que tropezaban seguido cos seus recordos soltos pola casa, e sempre tiñan unha caricia para eles cando pasaban boureando polos pasillos.
3.- Creo este blog e pregúntome: padecerei a melancolía da magdalena?
3 comentarios:
pois eu acórdome de lamber a cola branca e pastosa que nos poñían nunha cunchiña de vieira en preescolar. comiámola coa paletiña vermella que traían pra cada un, ás culleradas. debía estar boa.
;)
Debía! Non lembro na miña clase tal suculencia :D
O meu compañeiro Javier bebía a auga das acuarelas e das témperas; seica estaba moi rica.
E todos mascabamos pequenos pegotes de pegamento Imedio; outra delicia.
Publicar un comentario