5/1/10

Noite de Reis

Acórdome de que o día de Reis espertaba moi cedo e miraba desde a cama a regandixa da porta por onde entraba a luz da mañá en liña. Se tiña algún "obstáculo" era que os regalos xa estaban alí postos, enriba nas zapatillas. Ás veces os Reis chegaban máis tarde que o meu espertar e a impaciencia podíame pero obrigábame a min mesma a agardar na cama. E así foi aínda algúns anos despois de saber que non era que chegasen tarde os Reis, senón que quedaban durmidos.

5 comentarios:

Ll. dijo...

A mí me pasaba lo mismo...
Un besín.

Xur dijo...

Lembro o desacougo de cada seis de xaneiro ó me dirixir cara a sala; e o medo a abrir a súa porta e atopar carbón e non regalos. Logo viñan o alivio, os berros e a alegría. Así foi sempre, por fortuna.

isaura dijo...

Hahaha, eu nunca tiven medo ao carbón, debía ser que era moi boíña! :P
Xur, xa podías facer a túa web de Acórdome, ou?

abm dijo...

Eu lembro tamén a emoción de ir espertar os meus pais para acudir todos xuntos á sala. Ainda hoxe, unha non pode entrar soa na sala dos regalos:)

Xur dijo...

Para que? Eu paso a gusto por aquí. E mentres ti non me botes...