5/8/09

Lumachas

Acórdome do noxo de pisar unha lumacha.

6 comentarios:

Xur dijo...

Que é unha lumacha?

mica dijo...

Unha lesma ou babosa. Na miña terra chámanlles así, lumachas.

Xur dijo...

Na miña terra chámase lesma. Temos unha lingua riquísima.

aqueloutra dijo...

E de cando iso pasaba...era agoiro de chuvia.

albichupi dijo...

é unha sensación moi asquerosa, eses bechos noxentos tamén se chaman samesugas!!

Xur dijo...

albichupi, as samesugas ou sambesugas son uns parásitos que zugan o sangue dos animais e das persoas, e aínda que teñen unha certa semellanza coas lesmas, son bechos distintos. As últimas son absolutamente inofensivas; eso si, rillan os repolos ou as leitugas, e á miña avoa lévaa o demo cando mira os buratos nas follas.