"Je me souviens de l'odeur enivrante des livres, à la rentrée scolaire".
"Je me souviens", Georges Perec
26/6/09
Bici
Acórdome de aprender a andar en bici: primeiro tres rodas, logo dúas e unha mao apoiada á parede para coller o equilibrio, finalmente sen maos. A miña bici era rosa e tiña unha cestiña branca.
A miña bici era verde e tan pequena que non sei como cabía nela. Acórdome de aprender a montar sen rodiñas e sen mans alleas núnha rúa pechada ao carón da casa.
na bici na que aprendiches a andar sen rodas pequenas non era rosa senón cor do viño. a rosa teríala moito despois, aquela bici de paseo que tivo coma ti a profe de ximnasia do pastor diaz...como se chamaba?
Non me acordaba da cor da miña primeira bici. Si do que disfrutei coa segunda. A vida sobre dúas rodas era fácil e arriscada á vez... que selectiva é a memoria. Menos mal que a miña máis fiel compañeira de xogos ten disco duro polas dúas...
1.- Acórdome que Juan Bonilla coleccionaba exemplares do Je me souviens de Perec, e un día escribiu os seus propios "acórdome(s)". Foi así como descubrín este marabilloso libro, feito de cachiños do cotián, entrañables souvenirs cos que se identificaron emocionados xeracións de franceses que, coma el, viviran a súa infancia e adolescencia entre os anos 50 e 60.
2.- Lendo O único que queda é o amor, atopei un dos recordos de Perec en forma de caixiñas de mistos. Logo saudoume Vila-Matas cos seus Recordos inventados, onde tamén se acordaba de Georges Perec, "que escribió un libro que se titulaba Je me souviens y en el que ninguno de los recuerdos era inventado”. Non sei se é preciso dicir que lembro, como non, os cronopios de Julio Cortázar, que tropezaban seguido cos seus recordos soltos pola casa, e sempre tiñan unha caricia para eles cando pasaban boureando polos pasillos.
3.- Creo este blog e pregúntome: padecerei a melancolía da magdalena?
3 comentarios:
A miña bici era verde e tan pequena que non sei como cabía nela. Acórdome de aprender a montar sen rodiñas e sen mans alleas núnha rúa pechada ao carón da casa.
na bici na que aprendiches a andar sen rodas pequenas non era rosa senón cor do viño. a rosa teríala moito despois, aquela bici de paseo que tivo coma ti a profe de ximnasia do pastor diaz...como se chamaba?
Non me acordaba da cor da miña primeira bici. Si do que disfrutei coa segunda. A vida sobre dúas rodas era fácil e arriscada á vez... que selectiva é a memoria. Menos mal que a miña máis fiel compañeira de xogos ten disco duro polas dúas...
A profa era a Srta. Pilar.
Publicar un comentario