acórdome que tes rizos neghros e unha fala xeitosa xeitosa e medio sorriso case sempre na cara e a voz doce, e que a última vez que nos atopamos ías un pouco borrachiña, dun concerto. e parecías feliz.
1.- Acórdome que Juan Bonilla coleccionaba exemplares do Je me souviens de Perec, e un día escribiu os seus propios "acórdome(s)". Foi así como descubrín este marabilloso libro, feito de cachiños do cotián, entrañables souvenirs cos que se identificaron emocionados xeracións de franceses que, coma el, viviran a súa infancia e adolescencia entre os anos 50 e 60.
2.- Lendo O único que queda é o amor, atopei un dos recordos de Perec en forma de caixiñas de mistos. Logo saudoume Vila-Matas cos seus Recordos inventados, onde tamén se acordaba de Georges Perec, "que escribió un libro que se titulaba Je me souviens y en el que ninguno de los recuerdos era inventado”. Non sei se é preciso dicir que lembro, como non, os cronopios de Julio Cortázar, que tropezaban seguido cos seus recordos soltos pola casa, e sempre tiñan unha caricia para eles cando pasaban boureando polos pasillos.
3.- Creo este blog e pregúntome: padecerei a melancolía da magdalena?
3 comentarios:
Parabéns por un blog tan fermoso, é unha delicia lelo!
Ana
Cando se ensuciaban ou xa non pegaban, pasabamolas por auga e xabrón e quedaban como novas!!!
acórdome que tes rizos neghros e unha fala xeitosa xeitosa e medio sorriso case sempre na cara e a voz doce, e que a última vez que nos atopamos ías un pouco borrachiña, dun concerto. e parecías feliz.
Publicar un comentario