eu acórdome que á miña irmá o que lle gustaba era o panadeiro en si. decateime cando a observei un verán enteiro erguéndose cedo para coller o pan en persoa. e cando tocaba pagar o mes, era unha festa. qué blogue tan chulo. cántos recordos compartidos, dalgún xeito. é o único sentido que debe ter a palabra xeración: os recordos, as cousas compartidas. beixotes.
;-) o curioso, e o precioso, é comprobar como algunhas persoas comparten e transforman contigo o mesmo recordo, pois cada quen viviuno desde si propio.
acórdome cando descubrimos unha araña nunha barra de pan integral e o panadeiro nos dixo que culpa del non fora, que a araña estaba na fariña.
1.- Acórdome que Juan Bonilla coleccionaba exemplares do Je me souviens de Perec, e un día escribiu os seus propios "acórdome(s)". Foi así como descubrín este marabilloso libro, feito de cachiños do cotián, entrañables souvenirs cos que se identificaron emocionados xeracións de franceses que, coma el, viviran a súa infancia e adolescencia entre os anos 50 e 60.
2.- Lendo O único que queda é o amor, atopei un dos recordos de Perec en forma de caixiñas de mistos. Logo saudoume Vila-Matas cos seus Recordos inventados, onde tamén se acordaba de Georges Perec, "que escribió un libro que se titulaba Je me souviens y en el que ninguno de los recuerdos era inventado”. Non sei se é preciso dicir que lembro, como non, os cronopios de Julio Cortázar, que tropezaban seguido cos seus recordos soltos pola casa, e sempre tiñan unha caricia para eles cando pasaban boureando polos pasillos.
3.- Creo este blog e pregúntome: padecerei a melancolía da magdalena?
4 comentarios:
nós chamabámoslles "palitos". moi bos.
eu acórdome que á miña irmá o que lle gustaba era o panadeiro en si. decateime cando a observei un verán enteiro erguéndose cedo para coller o pan en persoa. e cando tocaba pagar o mes, era unha festa. qué blogue tan chulo. cántos recordos compartidos, dalgún xeito. é o único sentido que debe ter a palabra xeración: os recordos, as cousas compartidas. beixotes.
;-) o curioso, e o precioso, é comprobar como algunhas persoas comparten e transforman contigo o mesmo recordo, pois cada quen viviuno desde si propio.
acórdome cando descubrimos unha araña nunha barra de pan integral e o panadeiro nos dixo que culpa del non fora, que a araña estaba na fariña.
O panadeiro mala ostia!!
Publicar un comentario