27/6/10

O coche contra o muro

Acórdome da noite na que vimos como un coche chocaba contra o muro da Casa Encantada. Un home aturdido e colocado, sangrando pola boca, saiu do coche. Chamamos a unha ambulancia e mentres agardábamos entrei naquel coche fumegante, non sei moi ben porqué, e collín un libro que caera do asento do copiloto. Altazor o el viaje en paracaídas, de V. Huidobro.

1 comentario:

abm dijo...

E a anécdota debería de se converter en película.