23/7/09

Medo

Acórdome dunha vez que prendín a tele e había unha mai lendo un conto á filla antes de durmir. A mai marchaba despois de darlle un bico e apagar a luz. A nena botaba un pé por fóra da cama e unha mao saía de debaixo da cama e collíallo. Nese momento tiven que apagar a tele. Aínda hoxe me dá algo de grima botar o pé por fóra das sabas a escuras.

3 comentarios:

Xur dijo...

Eu acórdome de que durante meses vivín aterrorizado polos oubeos espantosos do can dos Baskerville, que aínda hoxe existen nos meus miolos. Cando era neno, botaban na televisión unha serie moi boa baseada nos relatos de Conan Doyle, e foi nela onde os escoitei. E o meu irmán, vía agobiada a súa existencia pola idea de que debaixo da cama onde durmía había un terrible crocodilo agardando a que o vencese o sono para comelo. Cousas dos nenos; e dos non tan nenos tamén.

mica dijo...

Xur, pensei que aquí só entraban algúns dos que compartiron comigo estes Acórdomes e pouco máis. Pensei que tu eras un deles, tamén chamado Xur. Alégranme as túas visitas e déixasme miguiñas de pan no camiño dos teus propios recordos.

Un pracer.

Xur dijo...

E eu alégrome de ser ben recibido. E de que teñas tan boa consideración dos meus recordos, que para min, son os alicerces da miña verdadeira patria. Grazas, mil veces repetidas.