18/3/09

Tebras

Acórdome de xogar á pita cega (sic. el hombre de las tinieblas) coas persianas baixadas de todo. Aínda así sempre entraba algo de luz por unha regandixa, entón reforzábamos a escuridade poñéndolle unha venda a quen lle tocaba apandar.

(para Xur)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Entraches nunha cova algunha vez? Nalgunha das aínda de verdade... non nunha desas violadas para seren oferecidas ó turismo.
Nelas son as verdadeiras tebras, a escuridade absoluta das arterias da terra. E a friaxe, a humidade e o silencio sobrecolledor, só rachado polo cair das pingas constructoras, pacientes, laboriosas...
Nelas sería divertido xogar á pita cega; mais tamén perigoso.
Eu acórdome de todo esto, e nunca o esquecerei.

Anónimo dijo...

nós, cando escapaba unha raiola de luz polos buratiños da persiá, acórdome que lles chamabamos os "angelitos". miña irmá mediana dicía, "tengo miedo, deja los angelitos que nos miren". e os deixaba. e acendíamos unha lanterna debaixo das sabas e era o noso camping particular.

;)

lara